Os escolares de Sanxenxo coñecen a Violeta e Mariño

O conto infantil publicado co gallo do 25N está a percorrer os centros educativos do municipio para ensinarlles aos cativos e cativas como actuar fronte á violencia de xénero
Sesión de contacontos nos centros educativos. DS
photo_camera Sesión de contacontos nos centros educativos. DS

A historia de Violeta e Mariño, dous irmáns que sofren violencia de xénero na casa contra a súa nai está a chegar a todos os nenos e nenas dos centros escolares do municipio grazas a unha serie de contactontos con marionetas que xa pasou polo colexio Abrente, A Florida, Nantes e O Telleiro.

Sesión de contacontos nos centros educativos. DS
Sesión de contacontos nos centros educativos. DS

Que todas as persoas poidan ser libres, como voan as volvoretas, é a principal ensinanza do libro, que xa está dispoñible en Youtube, e narrado tamén por cativos e cativas, nunha historia pensada para nenos e nenas desde Infantil ata Primaria, co que os máis pequenos conseguen dotarse de ferramentes para tratar a problemática e saber actuar fronte a unha situación de violencia de xénero. A mensaxe chega a través da metáfora dunha bolboreta, fuxindo da crueza do golpe e o insulto, coa moralexa de "se queremos cambiar o mundo todo o que necesitamos é respecto, liberdade e empatía".

Sesión de contacontos nos centros educativos. DS
Sesión de contacontos nos centros educativos. DS

O conto está escrito con perspectiva de xénero pola directora do CIM de Sanxenxo, Diana Názara, a asesora xurídica do CIM, Beatriz Carrera, e a ilustradora Yolanda Martínez.