O CEIP Noalla-Telleiro acollerá unha xornada de Samaín conciliadora

A actividade, organizada pola ANPA, terá un custe de 16 euros e celebrarase o vindeiro día 31 con obradoiros de cociña e manualidades, xincana e un pintacaras, entre outros
Festa de Samaín no municipio. DS/ARQUIVO
photo_camera Festa de Samaín no municipio. DS/ARQUIVO

O CEIP Noalla-Telleiro acollerá o vindeiro 31 de outubro unha xornada de Samaín conciliadora, que abarcará dende as 8.00 ata as 14.30 horas. Calquera familia do concello que o desexe, poderá inscribir aos cativos e cativas por un prezo de 16 euros que, no caso de non ser socio de ningunha ANPA do municipio, incrementarase en tres.

O día comezará coa recepción dos participantes entre as 8.00 e as 9.00 horas, para gozar despois do obradoiro de cociña Cociñades de medo, seguido dunha merenda e recreo. Ás 11.30 horas dará comezo un obradoiro de manualidades e, dende as 12.15 horas, os cativos e cativas participarán nunha xincana, seguida dunha sesión de pintacaras e tatuaxes temporais, para rematar coa recollida, entre as 13.30 e as 14.30 horas.

A organización lembra que todos os nenos e nenas deben levar a súa merenda, e que todas as actividades estarán tematizadas no Samaín. Para inscribirse, é necesario enviar un correo a [email protected].