Carabuxeira Xa! solicita a Costas actuar nas canalizacións e accesos á praia

A Plataforma non descarta mobilizacións de non acadar unha solución para a rexeneración definitiva da do areal
Traballos de rexeneración na praia da Carabuxeira. JAVIER CERVERA-MERCADILLO/ARQUIVO
photo_camera Traballos de rexeneración na praia da Carabuxeira. JAVIER CERVERA-MERCADILLO/ARQUIVO

A plataforma Carabuxeira Xa! reuniuse durante a xornada deste mércores coa xefatura de Costas do Estado para urxir a levar a cabo "necesarias actuacións" no areal, como son a adecuación dos accesos e a canalización dos verquidos. Dende a Plataforma sinalaron que, unha vez evaluado o estado medioambiental, Nauta atópase realizando a adaptación do proxecto que permitirá a rexeneración definitiva.

Neste sentido, pediron a involucración de Portos de Galicia e unha reunión coa súa presidenta para que leve a cabo unha "correcta actuación, axilizando os trámites", e tamén "solucións e os estudos correspondentes" por parte do Concello, contemplando mobilizacións no caso contrario.

Cabe recordar que o proxecto de rexeneración da praia da Carabuxeira e Lavapanos, que inclúe aconstrución dun novo dique para preservar o árido, recibiu o pasado mes de decembro a luz verde do informe de impacto ambiental da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático. Neste sentido, a primeira fase do proxecto, que resulta chave para recuperar o perdil dos areais, conta co beneplácito de Costas, que non se opón á execución do dique, se ben pide a inclusión dun novo punto no informe antes de que se execute a construción, para que Nauta Sanxenxo xustifique as posibles vantaxes ou inconvintes da demolición do morro do espigón do porto deportivo para reducir a súa dimensión. Este punto, no que Nauta terá a última palabra, suporá engadir un quinto apartado ás posibles solucións para a rexeneración da Carabuxeira, se ben a construción do novo dique é a máis plausible, e coa que se avanzará no sucesivo.

No que respecta á mellora dos accesos e á construción dun paseo litoral, incluidos nunha segunda fase, Costas incide que en que neste momento solo sería posible a instalación dun paseo de tipo desmontable ou de carácter fixo en servidumbre de tránsito que "na actualidade está ocupada por diversos cerramentos e edificacións que ocupan seis metros da servidume de tránsito" e, ademais, descarta o arranxo de accesos rodados ou escaleiras á praia.