Sabías que...

Unha capela camúflase entre os restaurantes e bares

Trátase da capela de San Xinés de Pedriñán, un edificio que data do século XV e que conta con cinco retablos barrocos no seu interior
igrexaa
photo_camera Capela de San Xinés de Pedriñán do século XV. JOSÉ LUÍZ OUBIÑA

Como todos os turistas saben ao escoller Sanxenxo como destino turístico, nesta zona do Salnés hai un clima fresco en comparación co resto de España, praias con bandeiras azuis e unha oferta ampla para degustar a gastronomía galega de calidade. Non obstante, Sanxenxo tamén é o que non sae nin nas guías turísticas nin nas recomendacións de Google.

A menos dun minuto do paseo da praia de Silgar e preto do porto, un edificio eríxese diferente aos demais. Trátase da Capela de San Xinés de Pedriñán, da igrexa vella ou do templo pequeño da parroquia de Sanxenxo. É unha construción que data do século XV e na súa orixe a súa ubicación estaba en Aldariz y foi trasladada pedra a pedra ata o punto no que agora se atopa dende 1670. Por outro lado, a igrexa conta con cinco retablos, todos eles de estilo barroco.

No ano 2013 José Manuel Abel Expósito, cun traballo sobre esta igrexa, gañou a VII Edición del Premio de Investigación de Cultura e Historia Tradicional do Concello de Sanxenxo.