Un asalto cultural á Lanzada 'de maio'

▶ Sanxenxo viviu este sábado o día grande da cita, que mesturou teatro, literatura, mercado e espectáculos na contorna da ermida
A apertura das xornadas durante a mañá do sábado. DS
photo_camera A apertura das xornadas durante a mañá do sábado. DS

Unha pregoeira a cabalo acompañada pola música de Airiños, Os Gatiños e Lembranzas deu este sábado o pistoletazo de saída ás xornadas culturais A Lanzada de maio, que se celebran ata hoxe na contorna da ermida, mesturando teatro, literatura, ou espectáculos na rúa, e que inclúe tamén un mercado con diferentes curiosidades e obxectos artesáns que espertaron o interese de veciños e visitantes.

A apertura das xornadas durante a mañá do sábado. DS
A apertura das xornadas durante a mañá do sábado. DS

A xornada inaugural do sábado contou coa asistencia de representantes do Goberno local coma as edís Nati Parada e Elena Torres, e desenvolveuse ata ben entrada a noite, cunha asistencia constante ao longo da tarde.

A apertura das xornadas durante a mañá do sábado. DS
A apertura das xornadas durante a mañá do sábado. DS

Unha exposición de pintura sobre A Lanzada, a presentación do libro Roteiro do Padre Sarmiento, de Marcelino Agís e unha exhibición de loita de época con Ulf Klan abriron boca para os xogos populares da tarde e as representacións a cargo de Tatana Teatro, con temática de época.

Pola noite, a representación do Rito das Nove Ondas foi unha das actividades máis curiosas, acompañada dos Cantos de Taberna e o peche a medianoite coa queimada da Noite Meiga.