A ANPA do CEIP de Nantes impulsa actividades contra a violencia machista

As citas, que incluirán a toda a comunidade educativa, así coma ao Concello, comezarán o vindeiro 8 de novembro
Una actividad en el CIM de Sanxenxo. DS
photo_camera Cativos durante unha actividade do CIM. DS

A ANPA A Romaíña do CEIP de Nantes vén de poñer en marcha a primeira edición do proxecto Nantes en igualdade, cun orzamento que roza os 3.000 euros destinados a actividades encamiñadas a "traballar a prol da igualdade, xerme único para o fin da violencia machista, que é a expresión máxima das desigualdades", tal e como valoraron dende o colectivo.

Así, as citas, que incluirán a toda a comunidade educativa, así coma ao Concello, comezarán o vindeiro 8 de novembro, cun módulo de información para profesorado, pais e nais sobre igualdade, impartido polo CIM, no CEIP ás 16.00 horas.

A segunda será una actuación musical dentro desta temática, a cargo de Os Piñeiriños e dirixida ao alumnado dentro do horario escolar, co espectáculo Galegas no mundo.

Por último, un xogo en familia para abordar conceptos básicos de igualdade, as achegas das mulleres ao longo da historia, os mitos do amor romántico ou a violencia de xénero distribuirase ás familias ao longo deste mes.