O alumnado do IES Vilalonga descubre Nova York cunha ‘Culture Class’ dun mestre irlandés

O centro acolleu tamén diferentes charlas nos últimos días, adicadas á prevención do acoso escolar e violencia de xénero ou específicas para o alumnado de Automoción
O alumnado de 1º de Bacharelato durante a charla sobre Nova York este luns. DS
photo_camera O alumnado de 1º de Bacharelato durante a charla sobre Nova York este luns. DS

O alumnado de 1º de Bacharelato do IES Vilalonga participou este luns nunha Culture Class a cargo dun mestre irlandés, grazas ao que puideron descubrir a cidade de Nova York e as súas curiosidades. A clase, impartida nun ton didáctico, incluiu mesmo un concurso de preguntas e respostas ao estilo televisivo.

Nos últimos días, o alumnado do centro tamén puido participar, como cada ano, no Plan Director, programa que persigue previr calquera risco que afecte á seguridade e benestar dos rapaces novos, tanto na escola coma na súa contorna. Neste sentido, o alumnado da ESO e Formación Profesional Básica recibiu, al longo da xornada,  formación e información preventiva en acoso escolar, violencia de xénero, drogas e alcol. Ademais, o pasado venres visitou o centro o director de Recursos Humanos da empresa Pérez Rumbao, Antonio Domínguez Tudo, que impartiu unha charla ao alumnado de 1º CM e 1º FPB de Automción no eido da xestión de talleres e concesionarios.