O alumnado do CEIP Magaláns retira residuos da nova senda de Dorrón

A actividade, que estivo coordinada pola Concellería de Medio Ambiente, rematou cunha merenda na contorna na que se celebra a Festa da Muiñada
O alumnado do centro durante a actividade. DS
photo_camera O alumnado do centro durante a actividade. DS

Alumnado e profesorado do CEIP Magaláns de Dorrón participou este martes nunha actividade de educación medioambiental, coordinada pola Concellería de Medio Ambiente de Sanxenxo, que se desenvolveu na nova senda peonil que se está executando actualmente en Dorrón, e que xa conta con trazado transitable.

O alumnado do centro durante a actividade. DS
O alumnado do centro durante a actividade. DS

Ao longo do percorrido, os cativos e cativas retiraron distintos tipos de residuos como plásticos e papeis, e tiveron oportunidade de gozar da beleza da ruta durante a actividade, que rematou cunha merenda na contorna na que se celebra a Festa da Muiñada.