Aberta a inscrición para os obradoiros de Nadal de Sanxenxo, Portonovo e Vilalonga

As citas comezarán o vindeiro día 23 de decembro e alongaranse ata o día 30 con obradoiros, contacontos e manualidades
Los más pequeños del municipio podrán realizar actividades diferentes durante estas fechas. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
photo_camera Los más pequeños del municipio podrán realizar actividades diferentes durante estas fechas. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

Os obradoiros de Nadal que se levarán a cabo en Portonovo, Sanxenxo e Vilalonga durante as vindeiras semanas, dirixidos aos nenos e nenas do municipio, xa teñen aberta a súa inscrición para gozar de varias xornadas con temática do Nadal, nas que a cativada poderá dar renda solta á súa creatividade a partir do vindeiro día 23.

A matrícula para os tres emprazamentos pódese realizar no Pazo Emilia Pardo Bazán de 9.00 a 14.00 horas, ou no teléfono de contacto 986 675 44.

A actividade comezará o venres 23 na Casa da Cultura de Adina, en Portonovo, onde permanecerá tamén o día 26, mentres que os días 27 e 28 trasladarase ao Pazo Emilia Pardo Bazán de Sanxenxo. Por último, permanecerá no pavillón municipal de Vilalonga os días 29 e 30 de decemebro. Todos os obradoiros, nos que a cativada do municipio poderá participar en diferentes xogos en grupo, gozará de sesións de contacontos e fará manualidades, están dirixidos a nenos e nenas do segundo cinclo de Educación Infantil e Primaria, e o seu horario será de 11.00 a 13.30 horas.

NA BIBLIOTECA. A maiores, Biblioteca de Portonovo acollerá este venres, 16 de decembro, a sesión de contacontos ‘Axóuxeres e panxoliñas de Nadal’, dirixida a cativos e cativas a partir de tres anos. A cita terá lugar a partir das 17.30 horas, e para asistir é necesario realizar a inscrición no teléfono 986 691 149.