Ribadumia ultima os detalles para a celebración da XIII Feira da Familia

O prazo para anotarse a esta actividade remata o día 28 de abril a través das dependencias das oficinas de servizos sociais.
Turistas na carballeira do auditorio de Ribadumia. DS
photo_camera Celebración na carballeira do auditorio de Ribadumia. DS

O Goberno local de Ribadumia está a rematar nestes días os preparativos para a celebración da XIII edición da Feira da Familia que se levará a cabo durante a tarde do 7 de maio no municipio. 

A festividade incluirá a realización de xogos familiares, a colocación de inchables, a disposición dun karaoke, stands informativos, a actuación do Mago Paco e unha merenda para os máis cativos, entre outras sorpresas.

As actividades organizaranse entre as 16.00 e as 20.30 horas da tarde na Praza do Concello en caso de que a meteoroloxía o permita. Do contrario, en caso de precipitacións, as actividades desprazaranse ao Pavillón de Barrantes. 

As persoas interesadas en acudir a esta celebración pódense inscribir ata o día 28 de abril chamando ás oficinas municipais (986 718 491 ou 986 718 499) e preguntar polo Educador Familiar dos Servizos Sociais de luns a venres en horario de 09.00 a 15.00 horas.