O Campo de Fútbol A Senra conta con dous novos marcadores electrónicos

Os diversos eventos deportivos celebrados nas instalacións deportivas municipais obrigan ao Concello a mellorar as prestacións
Campo de fútbol A Senra en Ribadumia.DS
photo_camera Campo de fútbol A Senra en Ribadumia.DS

Debido á cantidade de torneos ou campionatos de fútbol que se celebran no Campo Municipal de Fútbol A Senra, ou as ligas que nelas se disputan, o Concello instalou dous marcadores deportivos con pantalla LED.

Con esta actuación, logrouse satisfacer unha necesidade real que tiñan as instalacións, así como prestar unha experiencia futbolística máis axeitada tanto ós afeccionados e afeccionadas coma ós clubs usuarios da instalación municipal. O Torneo Internacional Arousa Fútbol 7, a Copa Ribadumia, as ligas que disputa o CD Ribadumia (en todas as categorías) ou a liga do Xuventude de Sisán son algúns dos eventos que ocupan estas instalacións durante todo o ano e veranse afectados positivamente coa instalación destes marcadores.

Estas actuacións xa están executadas e contaron cun orzamento de 17.375,60€.