Ribadumia estrea o Nadal este sábado co acendido de luces

A partir das 20.00 horas, o goberno local e a asociación de comerciantes Ribadumia Agárdate farán o brinde de apertura das festas de Nadal
 Gente en la calle Michelena durante las pasades navidades. RAFA FARIÑA
photo_camera Gente en la calle en Pontevedra durante las pasades navidades. RAFA FARIÑA

O Concello de Ribadumia está a piques de somerxerse nas datas festivas do Nadal, e esta semana inauguraranse as festas co acendido do alumeado. Será o sábado 3 de decembro ás 20.00 horas na Praza do Concello cando a asociación de comerciantes Ribadumia Agárdate e o goberno local inauguren, en colaboración, o Nadal ribadumiense. 

Será unha xornada en que toda a familia e a veciñanza goce dunha tarde chea de música e entretemento, sorteos, rosca e chocolate quente para todos/as. Ás 20:00 horas estrearase o alumeado e farase un brinde en que se desexará un bo Nadal e unhas felices festas. 

Durante o resto do mes, o Concello ten preparada máis programación de Nadal e para todos os públicos, tendo a rapazada un especial protagonismo. Pódense distinguir os concursos das carrozas de Reis, os obradoiros de Nadal, concertos no Auditorio Municipal, a visita do Paxe Real, as cartas para os Reis Magos, a Cabalgata de Reis, e máis cousas que Ribadumia poderá ofrecer nestas datas aos máis pequenos e pequenas da casa.