Ribadumia acomete unha segunda volta de limpeza nos rueiros municipais

O obxectivo dos traballos, que deron comezo esta semana en Sisán, é "favorecer a calidade das persoas que habitan nestes enclaves"
Os traballos deron comezo esta semana en Sisán. DS
photo_camera Os traballos deron comezo esta semana en Sisán. DS

O Concello de Ribadumia está a desenvolver os labores de limpeza dos rueiros do municipio. Esta semana, os traballos deron comezo na parroquia de Sisán, posteriormente estenderanse a Barrantes, e continuará polo resto de parroquias ata rematar en Lois. 

Esta é a segunda volta destas actuacións de limpeza que o Concello leva a cabo este ano e coa súa consecución, daríase por finalizada esta actividade co fin de manter o acondicionamento das rúas e favorecer o paso de vehículos e peóns pola vía pública. 

Dende o Concello de Ribadumia valoraron cunha gran importancia o feito de manter o bo estado do municipio e de todos os seus enclaves para "favorecer a calidade de vida das persoas que habitan nel". Por este motivo, coas limpezas pretende "dar a mellor imaxe posible da nosa contorna, algo do que se trata mellorar en cada paso e xestión que se realiza".