María Álvarez (XUNTOS POR RIBADUMIA): "Queremos ofrecer á veciñanza uns servizos dignos"

A candidata, ex do Partido Popular, afronta as súas primeiras eleccións á fronte do seu partido nun proceso "duro" no que espera responder ás necesidades dos veciños e veciñas de Ribadumia
María Álvarez, Xuntos por Ribadumia
photo_camera María Álvarez, candidata de Xuntos por Ribadumia. DS

De suplente no Partido Popular en 2019 a liderar a súa propia lista neste ano. Como afronta o cambio?
É un cambio importante e grande. Afróntoo ben porque estou respaldada dun equipo e duns compañeiros que antes estiveron conmigo nas listas no ano 2019. É duro, e lóxicamente as circunstancias son marcadas por un paso, pero lévase.

Que a motivou para tomar a decisión de presentarse como candidata?
Pois nese momento non había quen puidese liderar e ir de candidata, entón eu ofrecínme, os meus compañeiros apoiáronme e dixemos todos: "imos adiante". Non imos ser un só, somos un equipo enteiro, onde vai uns imos todos. 

Con que formacións estaría disposta a pactar, xa sexa para acadar a alcaldía ou para facilitar un goberno?
Dado o momento veríase. Dadas as circunstancias, a perspectiva que collemos cara o 28-M a ver o que sae non o sabemos. Chegados o momento miraremos o que pasa. 

Contemplan mellorar as instalacións deportivas existentes ou crear novos espazos para practicar deporte?
Na nosa mente está, antes de nada, facer o mantemento de certas instalacións. Estámonos a reunir con todos os clubes e agrupacións e efectivamente hai cousas que se poderían cambiar.

Cales serían as medidas centrais do seu Goberno?
Principalmente, o que queremos é darlle a todos os veciños e veciñas do concello un servizo digno, como o tema dos alcantarillados, beirarrúas, que están sen finalizar. Iso é primordial. E despois temos o tema do colexio, que habería que mellorar certas cousas, xa que falta espazo para os autobuses, que non está moi ben adecuado. E como ambición en todo o equipo, temos pensado un pequeno proxecto de reforma para que os colectivos e asociacións e todas estas persoas que precisen unha sala de xuntanzas teñan un espazo para estar coas condicións adecuadas. Esas son as cousas máis importantes que deberiamos sacar. Outra sería que Barrantes carece de zona para aparcar, e teriamos que resolvelo.