A Gala Solidaria a favor de Amigos de Galicia chega o domingo ao Auditorio

Dende as 18.00 horas, celebrarase este evento organizado pola Asociación Trasnos do Salnés ▶ A entrada será de balde, con recollida de alimentos non perecedoiros
Auditorio de Ribadumia. DS
photo_camera Auditorio de Ribadumia. DS

O Concello de Ribadumia continúa achegando programación cultural á veciñanza do municipio e arredores, e nesta fin de semana celebrarase unha Gala Solidaria a favor de Amigos de Galicia.

A partir das 18.00 horas deste domingo 5 de marzo, todos os interesados en acudir a esta cita poderán gozar dunha tarde con diferentes actuacións, tanto musicais como teatrais. O evento será presentado por Santiago Roma, e actuarán os Demos da Petaca, Escola de Baile Breogán Pérez e o grupo de Teatro Aturuxo, da Asociación O Castro de Baión.

Esta sesión será de balde, e libre ata completar o aforo do Auditorio, con recollida de alimentos non perecedoiros (leite, cacao, conservas, produtos hixiénicos) co fin de axudar á asociación.