A música e a comida encheron a carpa do Magosto en Ribadumia

Preto de 500 asistentes nunha edición que, pese ás condicións meteorolóxicas adversas, se celebrou nun día solleiro ▶ Durante toda a xornada, as familias gozaron da oferta de xogos populares e dun espectáculo humorístico e musical grazas ao Dúo Los Dinámicos

Magosto de Ribadumia. DS
photo_camera Non faltou a comida no primeiro Magosto trala pandemia. DS

A pasada fin de semana celebrouse, diante da Casa de Cultura de Ribadumia, o Magosto, na primeira edición dende o inicio da pandemia. Esta festa, típica da nosa terra e do outono, resultou ser todo un éxito, tanto no relativo á afluencia de asistentes coma na organización. 

Magosto de Ribadumia. DS
Pequenos e maiores desfrutaron da tarde de Magosto. DS

A troula comezou ás 17:30 horas, e a afluencia de público na Casa de Cultura comezou xa dende ese momento coa posta en marcha dos xogos populares instalados dentro da carpa acondicionada para gozar do Magosto. Dende as 18:00 horas, e durante toda a tarde, servíronse os tradicionais cucuruchos de castañas asadas. A partir das 19:30 hieA, foi a quenda do chocolate quente e a rosca. 

Os veciños e veciñas puideron gozar de toda a velada coa compañía do Dúo Los Dinámicos, cos que bailaron e cantaron durante toda a tarde e que tamén fixeron deste evento todo un éxito. Amais, leváronse a cabo sorteos e concursos de baile entre os pais, nais e os nenos con premios de botellas de viño no primeiro caso, e larpeiradas no segundo. 

Despacháronse 120kg de castañas, 95 litrois de chocolate quente e 40kg de rosca

Este ano, os veciños e visitantes que acudiron a Ribadumia superaron as 500 persoas e despacháronse, gratuitamente, 120kg de castañas, 95 litros de chocolate quente e 40kg de rosca, sen apenas quedar sobrantes. Os asistentes fixeron longas ringleiras para poder degustar estes produtos, e unido á gran afluencia recibida durante toda a tarde, logrouse rematar con todas as racións preparadas para todos os veciños e veciñas. Todo isto fai que se valore esta edición como un éxito.