A Escola de Verán celebra o Día do Lector a través do programa 'Ler conta moito'

Durante esta mañá, a cativada escoitou contos sobre o respecto polo medioambiente, a solidariedade e os sentimentos, a través da narración oral
Escola de Verán de Ribadumia. DS
photo_camera Escola de Verán de Ribadumia. DS

O programa Ler conta moito aterrou este mércores en Ribadumia para conmemorar o Día do Lector coa rapazada da Escola de Verán do Concello a través de representacións de contos, historias e outras actividades relacionadas co fomento da lectura entre os máis pequenos.

Durante toda a mañá, os rapaces e rapazas participaron na actividade Contos e cantos que falan de paz, solidariedade e respecto polo medioambiente a través da narración oral. Así, foron testemuñas e como o bardo Abelardo conseguiu traducir á lingüaxe dos humanos os sentimentos dos seres que habitan no fondo das fragas, dos ríos e dos mares.

Esta actuación encádrase dentro do programa Ler conta moito, que avoga pola dinamización da lectura nas bibliotecas públicas e é promovido pola Xunta de Galicia en colaboración coas entidades locais, neste caso, co Concello de Ribadumia, que cofinancia o 25% dos custos que supón este proxecto.