O Centro Rural Agrupado de Ribadumia celebra un Samaín de medo

O Centro Rural Agrupado de Ribadumia organizou unha xornada de eventos para celebrar o Samaín que disfrutaron tanto os máis cativos coma os maiores ▶ Contaron con obradoiros de música, contacontos, pintacaras, carrera pola leucemia e moitas máis actividades
A Escola de Leiro CRA de Ribadumia durante a actuación da obra 'La ensalada de la Bruja'
photo_camera A Escola de Leiro CRA de Ribadumia durante a actuación da obra 'La ensalada de la Bruja'

Remata outubro e con isto chegan os disfraces terroríficos, a decoración de cabazas, os doces e moita troula. Chega o Samaín 2022 e tras dous anos de espera por mor das restricións pola covid-19, dende os máis cativos ata os máis maiores celebrarán esta festividade de tradición celta con moitas ganas. 

Por este motivo, a Escola Unitaria de Ribadumia, organizou unha serie de eventos para celebrar o cambio de estación Celta por todo o alto. Este ano, estes cativos de entre tres a seis anos transformáronse en esqueletos e Catrinas para dar comezo a unha xornada que esperaban con prezada ansia dende facía unha semana. "Os nenos non paraban de preguntar cando chegaba este día e algúns choraron de emoción, de alegría, de medo...", relata a directora do centro.

Nenos disfrutando da obra de teatro/ J.OUBIÑA
Nenos disfrutando da obra de teatro/ J.OUBIÑA

SEMPRE APRENDENDO. Os eventos comezaron dende as 9.30 horas cun obradoiro de música que foi ofrecido pola Banda de Música de Ribadumia para ensinarlles aos cativos os instrumentos de vento. "Ata puideron probar eles mesmos a intentar tocar os instrumentos", conta a portavoz do centro educativo. Logo disto houbo diferentes obradoiros nos que os máis pequenos puideron gozar de experiencias como a de pintar caretas, buscar insectos terroríficos na escuridade e escoitar contos de medo. Ningún dos rapaces quedou sen experimentar a esencia do Samaín

Nenos e nenas buscando insectos terroríficos polo Samaín./ D.P
Nenos e nenas buscando insectos terroríficos polo Samaín./ D.P

 

Paseos do terror onde nenos e nenas comprobaron o nivel de creatividade da ANPA na producción de "terroríficos" murais e cabazas para todos os gustos. Despois, sempre hai que recuperar enerxías da aura que envolve esta festividade do horror cunha boa merenda e unha obra de teatro chamada 'La Ensalada de la Bruja'.

EXERCICIO. Porén, aquí non rematou a cousa, pois os cativos desta escola atrevéronse a facer o "baile das tumbas" e tamén houbo tempo para unha carreira solidaria contra a leucemia: 1 entre 100.000. Por mor da chuvia non se puido facer e cambiou o plan por un baile onde participaban os pais dos meniños e unha charla de concienciación sobre a relevancia da carreira.

Unha das cabazas presentadas durante a xornada./D.P
Unha das cabazas presentadas durante a xornada./D.P