O Concello de Ribadumia instala novos taboleiros informativos en distintos puntos do municipio

Fachada principal de la Casa Consistorial de Ribadumia Concello. EP
Os novos elementos atópanse nas parroquias de Sisán, Barrantes, Besmaño, Leiro e Lois

Ribadumia substituíu algúns dos taboleiros informativos existentes no municipio por outros novos, pois, segundo indican dende o ente local, víase unha necesidade de cambialos debido ó estado deteriorado en que se atopaban, xa que o material do que están feitos se atopaba en malas condicións, resultado tamén da acción dos axentes atmosféricos. 

Estas accións leváronse a cabo para dar continuidade ó cambio de taboleiros que se fixo o ano pasado, correspondente ó Plan Concellos 2018, en que se cambiaron 10 taboleiros cun orzamento de 5.360,30€. Isto seguirase desenvolvendo ata lograr que todos os taboleiros informativos de Ribadumia sexan substituídos. 

Estes elementos teñen unha estrutura tubular de aceiro con tellado a dúas augas con chapa pregada e lacada en quente, en cor marrón. O taboleiro é de chapa con aglomerado de caucho para exterior, resistente ó sol e intemperie e miden 2100 (alto) x 1700 (ancho) mm, cuncha suxeición mediante ancoraxes metálicas.  

En total, instaláronse 22 taboleiros informativos, repartidos xeograficamente polas parroquias do concello; colocándose 3 unidades en Sisán, 4 en Barrrantes, 3 en Ribadumia, 2 en Besmaño, 6 en Leiro e 4 en Lois. Este proxecto está incluído na subvención do Plan de Obras e Servizos (Plan Concellos) 2022 e as obras executáronse cun importe de 14.840,65€.

O Concello de Ribadumia planificou estes cambios coa finalidade de mellorar a imaxe do municipio, homoxeneizar os soportes informativos e respectar a estética do rural, non só co deseño destes paneis, senón tamén cos seus materiais e cores integradas no entorno.