O Concello de Ribadumia homenaxea aos seus mellores deportistas do ano

Fíxoo nunha gala celebrada na tarde de onte na que se repartiron 13 premios e unha mención especial
Foto en familia da V Festa do Deporte. CEDIDA
photo_camera Foto en familia da V Festa do Deporte. CEDIDA
Na tarde de onte o Concello de Ribadumia celebrou a V Festa do Deporte no Auditorio Municipal. Ao evento asistiu o alcalde de Ribadumia, David Castro, o deputado provincial de deportes da Deputación de Pontevedra, Gorka Gómez Díaz, o xefe do servizo de deportes da Xunta de Galicia, Daniel Benavides, a presidenta da Mancomunidade do Salnés, Marta Giráldez, así como tamén membros da corporación municipal e as federacións deportivas. 

No acto que homenaxeaba aos mellores deportistas do ano repartíronse un total de 13 premios a xente do deporte pertencente ao municipio, ou vinculados co mesmo, clubs, adestradores, medios de comunicación e patrocinadores. Ademais, outorgouse unha mención especial coa que o xurado desta edición quixo destacar o labor e dedicación das persoas que promoven os valores e o deporte dentro das entidades deportivas. 

Durante a gala co-presentada e dinamizada por Pepo Suevos, o Concello de Ribadumia celebrou o esforzo e o traballo como máximos expoñentes dos resultados deportivos das persoas vinculadas ó municipio. Desde o goberno local tamén se animou aos deportistas a seguir traballando na mesma liña para que continúen colleitando novos éxitos dos que Ribadumia se sinta aínda máis orgulllosa. 

GAÑADORES E FINALISTAS

1. MELLOR DEPORTISTA “PROMESA” MASCULINO RIBADUMIENSE
Finalistas: Edgar Barreiro Chapela (halterofilia) e Adrián Ferreirós Pérez (Club Ciclista Ribadumia).
Gañador: Adrián Ferreirós Pérez.

2. MELLOR DEPORTISTA “PROMESA” FEMININA RIBADUMIENSE
Finalista e gañadora: Marta Utrera Carballo (Club Ciclista Ribadumia).

3. MELLOR DEPORTISTA RIBADUMIENSE MASCULINO
Finalistas: Celestino Iglesias Cores (Desguaces Tino Racing) e Celestino Iglesias Duarte (Desguaces Tino Racing).
Gañador: Celestino Iglesias Duarte (Desguaces Tino Racing).

4. MELLOR DEPORTISTA RIBADUMIENSE FEMININA
Finalista e gañadora: Eva Lede Reboredo (Asociación Pole Sport do Salnés).

5. MELLOR DEPORTISTA MASCULINO NON RIBADUMIENSE 
Finalistas: Manuel Fontán Señoráns (Club Náutico O Muíño) e Martín González Bermúdez (Club Ciclista Ribadumia).
Gañador: Manuel Fontán Señoráns (Club Náutico O Muíño).

6. MELLOR DEPORTISTA FEMININA NON RIBADUMIENSE 
Finalistas: Ana Abuín Pazos (Club A Silva Cerceda), Bárbara Gómez Oubel (Desguaces Tino Racing) e Desirée Fernández Rey (Club Ciclista Ribadumia).
Gañadora: Desirée Fernández Rey (Club Ciclista Ribadumia).

7. MELLOR EQUIPO MASCULINO
Finalistas: Equipos benxamíns do CD Ribadumia e Umia CF, Xuventude de Sisán CF.
Gañador: Xuventude de Sisán CF.

8. MELLOR EQUIPO FEMININO
Finalista e gañador: Equipo Junior Feminino do Club Náutico O Muíño.

9. MELLOR CLUB DEPORTIVO
Finalistas: Club Ciclista Ribadumia, Club Náutico O Muíño, Desguaces Tino Racing.
Gañador: Desguaces Tino Racing.

10. MELLOR ADESTRADOR/PREPARADOR
Finalista e gañador: Francisco Javier Pombo Vidal (Club Ciclista Ribadumia).

11. PREMIO Ó MÉRITO DEPORTIVO
Finalista e gañadora: Cecilia Abal Mosteiro (Club Ciclista Ribadumia).

12. PREMIO PATROCINADOR
Finalista e gañador: Kiwi Atlántico.

13. PREMIO Á COMUNICACIÓN
Finalistas: Faro de Vigo e Fran Rodríguez (Rally Streaming).
Gañador: Fran Rodríguez (Rally Streaming).

14. MENCIÓN ESPECIAL
Finalistas e gañadores: Coordinadores base CD Ribadumia e Umia CF, Francisco Presas e Jorge Quintana, respectivamente.