O Concello de Ribadumia adquire unha mini-pala de segunda man

A Mini-pala adquirida polo Concello de Ribadumia. DP
A adquisición deriva do incremento de volume de traballo e para recortar gastos a medio prazo

O Concello de Ribadumia informou esta mañá da merca dunha pala mini-excavadora para o parque de vehículos municipal. Esta adquisición ven derivada do incremento de volumen de traballo nas obras municipais que o Concello ven levando a cabo por medios e persoal propio. Por iso, dende o goberno local considerouse necesario facerse co instrumento de traballo para a realización das diferentes tarefas.

Confirmouse tamén que a fin de abaratar o custo, a maquinaria foi adquirida de segunda man aínda que nas debidas condicións de uso. O orzamento da compra ascendeu a 18.090 euros,

O obxectivo é empregar a mini pala para a realización de obras e traballos municipais para evitar a contratación de maquinaria de alugueiro que supón un maior gasto a medio prazo.