O Concello acorda unha serie de iniciativas coa asociación TDAH Salnés

O alcalde, David Castro, mantivo unha reunión con representantes da organización para concretar as liñas a seguir 
Encontro entre o alcalde de Ribadumia David Castro e a asociación TDAH Salnés. DS
photo_camera Encontro entre o alcalde e membros da asociación TDAH Salnés. DS

O alcalde de Ribadumia, David Castro, mantivo esta semana reunido coa directiva da asociación TDAH Salnés. Nesta reunión os membros da asociación explicaron as liñas de actuación do seu traballo diario coas persoas diagnosticadas con estes trastornos así como o labor de orientación de apoio con eles e coas súas familias.

Actualmente o Trastorno de Déficit de Atención e Hiperactividade representa un porcentaxe significativa e en aumento, e esta asociación ven nos últimos anos desenvolvendo un papel fundamental na axuda as familias que moitas veces se atopan con falta de información e asesoramento. A axuda dos profesionais especializados é fundamental para abordar esta problemática e as administracións temos a obriga de apoiar e poñer os medios e ferramentas que estean ó noso alcance para abordar estes casos.

O Concello de Ribadumia a través do seu rexedor, manifestou na reunión o compromiso con esta e outras entidades que dan apoio as familias que teñen algún membro diagnosticado con este trastorno, máxime cando nos consta que afecta a casos concretos no noso municipio.

A colaboración entre o Concello de Ribadumia e a Asociación TDAH Salnés verase concretada en diferentes actuacións dentro do termo municipal, pero que beneficiarán no so a Ribadumia si non a contorna.