O Concello instala contedores de grandes caudais de auga na Rede de Abastecemento

Foron instalados no polígono de Cabanelas e en Cruceiro Vello ▶ O orzamento total destas actuacións ascendeu a 49.415,04€
O alcalde, David Castro, visitou a instalación dos contadores en Cruceiro Vello. DS
photo_camera O alcalde, David Castro, visitou a instalación dos contadores en Cruceiro Vello. DS

O goberno local, en aras de dar cumprimento á súa prioridade e obriga da correcta xestión e abastecemento de auga potable, promoveu unha actuación que permite unha xestión eficaz da auga do consumo. Para levar todo isto a cabo, solicitou unha subvención da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia, acolléndose ao disposto na Orde de 9 de febreiro de 2023, pola que se establece o procedemento para a distribución adicional ao Fondo de Cooperación Local (código de procedemento PR486B) Liña 3, para a mellora das redes de abastecemento de auga potable. 

A actuación incluíu a dotación de novos contadores de auga, en concreto, de grandes caudais, co fin de conseguir un maior control sobre o volume de auga consumida, detectando posibles fugas ou perdas de auga, controlando un importante fluxo de auga de consumo dentro do termo municipal. 

Estes contadores de auga foron instalados en dous puntos do municipio: no polígono de Cabanelas e no Cruceiro Vello. O total orzamento destas actuacións ascende a 49.415,04€ (IVE incluído), dos cales 46.000,00€ foron procedentes da subvención da Xunta de Galicia, mentres que o Concello de Ribadumia aportou a diferenza.