O Concello apura as últimas horas da súa recollida de xoguetes solidarios

O último día para entregar os xoguetes é mañá mércores, 21 de decembro, e poderase facer no edificio do concello ou en Bricosalnés, Os Castaños e El Escondite de Cris ▶ O goberno local pretende fomentar, os valores típicos do Nadal, como a xenerosidade, a gratitude, a familia e a solidariedade.
Imagen de una campaña de recogida de juguetes. DAVID FREIRE (ADP)
photo_camera Imagen de una campaña de recogida de juguetes. DAVID FREIRE (ADP)

A recollida de xoguetes da Asociación de Comerciantes Ribadumia Agárdate, en colaboración co Concello de Ribadumia, entra nos seus últimos días de prazo, pois mañá, mércores 21 de decembro, será o ultimo día en que a veciñanza poida depositar os seus xoguetes nas caixas colocadas nas oficinas municipais.

Desta forma, o ente local pretende trasladar á pequena veciñanza a importancia da solidariedade e outros valores humanos típicos destas datas, e través deste pequeno xesto, co fin de xerar rostros de ledicia e sorrisos.

As persoas que querían aportar o seu gran de area poden realizar esta entrega noutros establecementos, como Os Castaños, Bricosalnés e El Escondite de Cris, ademais do Concello de Ribadumia. Pódese facer entrega de xoguetes tanto novos coma usados en bo estado.