O Concello abre as inscricións para os obradoiros infantís de Nadal

Para estas vacacións, o goberno local ten organizado un obradoiro de bolsas de tela personalizadas e outro de galletas con formas de decoración de Nadal, ámbolos dous con prazas limitadas

Alumbrado navideño de Ribadumia. CONCELLO
photo_camera Alumbrado navideño de Ribadumia. CONCELLO

Este martes, o Concello de Ribadumia abriu o prazo de inscrición nos obradoiros de Nadal organizados para os máis cativos e cativas do municipio. Os talleres convocados este ano son dous: un obradoiro de bolsas de tela personalizadas e outro de galletas con formas e decoración de Nadal. Ámbolos dous están destinados a nenos e nenas de entre 5 e 12 anos

O Obradoiro de bolsas de tela personalizadas terá lugar o xoves 29 de decembro ás 17:00 horas na Casa de Cultura de Ribadumia. O prazo para inscribirse estará aberto ata o 26 de decembro. Pola súa parte, o Obradoiro de galletas con formas e decoración de Nadal celebrarase o martes 3 de xaneiro ás 17:00 horas na Casa de Cultura de Ribadumia. O prazo de inscrición deste taller estará aberto ata o 29 de decembro. 

As inscricións e participacións son totalmente gratuítas ata completar o número de prazas, que son limitadas. Todos os interesados e interesadas en participar nesta edición dos obradoiros de Nadal poden inscribirse chamando ás oficinas municipais (986 71 84 91).

O Concello de Ribadumia invita e anima a todos os nenos e nenas a anotarse e participar durante estas dúas xornadas, pois nelas porase en práctica a súa creatividade e gozarán de tardes entretidas na compañía do resto da rapazada do Concello.