A asociación Mans de Gaiteiro continúa a súa tradición da queima de deberes e apuntes

O evento da noite de San Xoán estará amenizado con música dos anos 80 da man do DJ Gramola e os asistentes poderán pedir churrasco, polo, criollos ou chourizos ó viño
Hogueras San Xoán Carril Vilagarcía 2022. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Celebración de San Xoán no 2022. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

Durante a véspera do 24 de xuño, case todos os galegos teñen unha cita ineludible coas tradicionais fogueiras de San Xoán, tanto celebrándoas nos seus fogares como asistindo a outras organizadas por asociacións, entidades ou de forma grupal. 

Este ano, en Ribadumia, a asociación Mans de Gaiteiro volve organizar a celebración da noite de San Xoán e a súa tradicional queima de deberes e apuntes do colexio coa que a rapazada do municipio contribúe á festa. 

Dende as 20.00 horas, o DJ Gramola chegará desde Vigo para amenizar a velada cos seus vinilos e a súa música dos anos 80. A partir das 21.00h, todos os asistentes poderán comezar a pedir a cea, e poderán elixir entre churrasco, criollo, polo ou chourizos ó viño. Á medianoite farase o acendido dunha pequena fogueira. 

Para reservar mesa, todas as persoas interesadas poderán facelo chamando ao 607 070 846. Mans de Gaiteiro recomenda facer esta reserva, xa sexa para tomar algo ou para quedar a cear, posto que contan con un número de mesas limitadas.