Abre o prazo das actividades deportivas que ofrece 'DEPOrte Escolas' en Ribadumia

Os interesados poderán inscribirse dende o 22 de setembro, ata o vindeiro venres 30 de setembro
RAFA HQR! PIRAGUISMO: REGATA PROVINCIAL DEPOESCOLAS (competicion y ambiente, no hacen falta muchas fotos)
Embalse de Pontillon de Castro, Pontevedra
photo_camera Regata provincial DEPO Escolas. RAFA FARIÑA

O Concello de Ribadumia participa no programa DEPOrte Escolas da Deputación de Pontevedra en colaboración coas federacións deportivas para contribuír ao desenvolvemento e o fomento da actividade deportiva en idades escolares. Desde o 22 de setembro, ata o vindeiro 30 de setembro estará aberto o prazo para que os nenos e nenas que queiran participar se poidan inscribir.

Estas escolas están destinadas a rapaces e rapazas en idade escolar de toda a provincia de Pontevedra, e o requisito que demandan é ter moitas ganas de pasalo ben practicando deporte.

Os interesados poderán inscribirse a través de cada federación, á que se pode acceder desde a páxina web de Deporte Escolas da Deputación de Pontevedra. Será a propia federación a que confirme aos aspirantes a súa asistencia e os horarios e lugares definitivos en que se levarán a cabo as actividades. 

As modalidades deportivas dispoñibles durante o presente ano son: atletismo, baloncesto, balonmán, judo, loita, piragüismo, rugby e taekwondo. Destas, impartiranse no Concello de Ribadumia atletismo, baloncesto e judo, sendo as dúas primeiras as novas incorporacións no municipio.

Atletismo impartirase no Pavillón de Barrantes os luns de 16.30 a 17.30 horas (os nacidos entre 2014 e 2017) e de 17.30 a 18.30 horas (os nacidos entre 2008 e 2012). Baloncesto terá lugar no Pavillón de Ribadumia os mércores de 16.30 a 17.30 horas (os nacidos entre 2014 e 2016) e de 17.30 a 18.30 horas (os nacidos entre 2011 e 2013). Judo impartirase no Ximnasio novo de Barrantes os martes e xoves de 16.15 a 17.00 horas (de 6 a 9 anos) e de 17.00 a 17.45 horas (de 10 a 16 anos).