Cinco Zocas, Cinema de Verán e Galifunk Brass son as novas propostas culturais do Grove

Dentro do programa Verán Cultural o Concello organiza durante os días 15, 16 e 17 de agosto distintos eventos para todos os públicos
Galifunk Brass en concerto. DS
photo_camera Galifunk Brass en concerto. DS

O Concello de O Grove presenta tres novas propostas culturais a mans da agrupación Cinco Zocas, a experiencia Cinema de Verán e actuación de Galfunk Brass. O primeiro concerto será o próximo martes 15 de agosto na Salgadeira Vella de Punto Moreiras coa agrupación tradicional Cinco Zocas que mestura o canto tradicional con harmonías a través dunha labor de recollida e formacións das melodías que trasladan as mensaxes dos antepasados á actualidade. A entrada é libre e comezará as 21.00 horas.

O mércores 16 de agosto será a quenda do Cinema de Verán. A partir das 22:00 horas proxectarase na Rúa Santo Antonio La Casa Gucci recomendada para maiores de 12 anos. Esta película está dirixida por Ridley Scott e  protagonizada por Lady Gaga e Adam Driver, ademais de Jared Leto, Jeremy Irons, Salma Hayek e Al Pacino.

Para rematar a semana cultural, o xoves 17 de agosto, as 21.00 horas terá lugar a actuación de Galifunk Brass na Praza do Corgo, un grupo que xorde como unha aposta de músicos, todos eles profesionais, que teñen en común o gusto pola música actual así como da música disco, dos 70’s, funky… Buscando sempre ser orixinais e inspirándose nas brass band americanas, crean un repertorio amplo e variado, con arranxos propios e innovadores.