O VII Encontro de Vespas e Lambretas volve a reunir a pilotos e motos das catro provincias

Amantes da motocicleta Concello para gozar desta sétima edición, organizada pola Asociación Lamvrespas O Grove.
O alcalde José Antonio Cacabelas xunto con algunhas das motocicletas do Encontro de Vespas e Lambretas. CEDIDA
photo_camera O alcalde José Antonio Cacabelas xunto con algunhas das motocicletas do Encontro de Vespas e Lambretas. CEDIDA

A sétima edición deste xa tradicional Encontro de Vespas e Lambretas, organizado pola Asociación Lamvrespas o Grove e enmarcada un ano máis na Festa do Marisco, volveu a congregar a centenares de pilotos e motos das catro provincias que compartiron unha xornada en familia moteira. 

Desde primeira hora da mañá abriuse a inscrición da xuntanza nas portas da Casa do Concello, onde as motocicletas permaneceron aparcadas na Praza do Corgo ata as 11.00 horas, momento no que partiu a ruta moto-turística polo Grove.

Tras a ruta, que rematou no punto de partida, as persoas participantes organizaron unha exposición de máis dun centenar de scooters clásicas que fixeron as ledicias dos visitantes. 

Tras a mostra, as persoas inscritas gozaron dun petisco ofrecido pola organización, así como do sorteo de numerosos agasallos, e un recoñecemento aos clubs participantes que se achegaron ese día ata o municipio grovense.

“Esta tradicional xuntanza é un motor cultural máis e unha maneira de dar a coñecer a nosa vila entre as persoas afeccionadas ao mundo da Vespa e a Lambretta”, sinalou o alcalde, José Antonio Cacabelos.