SOS Sanidade convoca á veciñanza a concentrarse en Santiago o vindeiro 11 de novembro

Dende a plataforma denuncian que O Grove continúa sen pediatras, o que supón a desatención de preto de 1.500 nenos e nenas
Manifestación sanidad pública O Grove. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Manifestación sanidad pública O Grove. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

A plataforma SOS Sanidade Pública O Grove continúa coas mobilizacións en prol de solucións para o Centro de Saúde grovense. Logo de que esta semana se cubrisen a maioría dos postos de atención primaria, dende a plataforma denuncian que O Grove continúa sen pediatras, o que supón unha desatención para preto de 1.500 nenas e nenos, e que o Punto de Atención Continuada (PAC) non funciona, como tal, a maioría dos días, tendo que desprazarse a Sanxenxo ou Pontevedra para ser atendidos.

É por iso que, ante esta situación, a plataforma decidiu convocar á veciñanza para concentrarse ás portas do edificio administrativo da Xunta de Galicia en San Caetano (Santiago de Compostela) o vindeiro venres 11 de novembro dende as 11.00 ás 12.00 horas.

Así, animan ás e ós grovenses, facendo fincapé nas familias con fillos en idade pediátrica, a que secunden a protesta e para iso, coa colaboración do concello, poranse autobuses a disposición das persoas que o precisen. Os autobuses partirán ás 9.30 horas do Grove e regresarán sobre as 12.30 de Santiago. Para reservar praza é preciso anotarse na Oficina de Información Xuvenil (OMIX) na Casa do Concello, entre as 9 e as 14 horas, no teléfono 886 214 933 ou no correo electrónico [email protected]. A data límite para reservar praza será o xoves 10 ás 14 horas.