A riqueza ornitolóxica da provincia protagonizou a edición de 'Voando nas Rías Baixas'

As visitas deste ano comezaron en febreiro no Complexo Intermareal Umia-O Grove
Complexo Intermareal Umia-O Grove. DS
photo_camera O Complexo Intermareal Umia-O Grove foi a primeira das paradas desta edición. TURISMO

A Deputación de Pontevedra revalida, un ano máis, o éxito do programa de rutas ornitolóxicas Voando nas Rías Baixas tras finalizar a súa quinta edición. Dada a súa gran acollida en anos anteriores, neste 2022 ampliáronse de cinco a sete as saídas de observación de aves e tamén o número de prazas para cada ruta, de 15 a 25, chegando a esgotarse todas elas en cuestión de horas. Durante es saídas desta edición, as e os participantes puideron gozar de ata 150 especies diferentes de aves en enclaves de alto valor paisaxístico.

A rutas ornitolóxicas comezaron en febreiro polo Complexo Intermareal Umia-O Grove, (unha das novas rutas xunto ca do Intermareal Combarro-Lourido), seguindo polas as Ribeiras do Río Umia, o Parque Natural do Monte Aloia, as Brañas de Xestoso, e a Serra do Súido, o ata concluír, neste mes de decembro, cunha saída pola desembocadura do Río Lérez e Intermareal Combarro-Lourido.

 

A fin de esta actividade é contribuír á conservación e á posta en valor dos recursos naturais da provincia, así como ao desenvolvemento turístico e económico sostible destas zonas de alto valor ecolóxico. A natureza e as paisaxes das Rías Baixas son un recurso turístico de primeiro nivel e a ornitoloxía é unha actividade que atrae un numeroso público durante todo o ano. As rutas supuxeron unha grande sorpresa para aqueles visitantes que desfrutaron por primeira vez dunha experiencia ornitolóxica, en especial para ós máis novos que descubriron como dentro de zonas moi humanizadas existían grandes xoias naturais moi prósperas para a fauna. Cabe destacar que un dos valores máis importantes para as aves na nosa provincia, son os humidais costeiros nos que se poden apreciar unha gran cantidade de especies diferente segundo a época do ano.

Voando nas Rías Baixas ven desenvolvéndose en colaboración con SEO Birdlife en todas as edicións. Todas as saídas están conducidas por persoal experto que axudan ás e ós participantes no recoñecemento das aves. O programa pon á disposición de cada grupo prismáticos de observación e telescopios terrestres de alta gama para poder gozar das aves a distancia sen interferir na súa actividade. Tamén se facilita unha Guía de Aves, así como unha relación de paxaros para que cada integrante do grupo elabore a súa lista. Unha experiencia que aposta por coidar e apreciar os recursos naturais que ofrece a nosa provincia incentivando á poboación a demandar máis actividades no medio natural.