Arte que fai grande ao Grove

Unha das fundadoras de Grovemakers, Andrea Menéndez, explica a importancia de que existan colectivos que se adiquen a divulgar o traballo artístico local e que poñan en valor á zona de O Grove nunha proposta sostible que "non atoparás noutras tendas de souvenirs"
grovemakers
photo_camera grovemakers

Grovemakers son “esa xente que fai cousas”. Así é como os presenta a ilustradora e membro fundadora da iniciativa, Andrea Menéndez. Este colectivo son un conxunto de artistas locais que se unen para poñer en valor o traballo creativo e artesanal dos que forman parte da asociación. Ademais de vender as súas obras, ofrécense axuda mutua nos diferentes procesos que pode atopar un artista autónomo e procuran pór en valor o patrimonio e costumes de Galicia nunha proposta fresca e sostible.

Dende floristas, calcetíns de celebridades multicor, xoiería e marcos con temática mariña ata souvenirs con elementos idiosincráticos de Galicia, entre outros, son os que se poden atopar de forma física tanto nos mercados artesanais como na súa tenda física na Rúa Castelao, no centro de O Grove. A pesar de que só abren en momentos puntuais, este conxunto de artistas contan coas súa propias páxinas web onde venden os seus produtos -cada un cun acento propio e área creativae pódense localizar fácilmente na páxina oficial da asociación.

jenny_trabajando
Artesá da marca Ruxe. DP

A SÚA HISTORIA comeza nas Festas do Marisco de O Grove do 2016. O Concello abríu unha iniciativa para colocar un espazo na festa para pór en valor o talento local. "O Grove é unha vila pequena onde nos coñecemos todos e, dende o Concello, chaman a cada unha das marcas por separado para ofrecernos ese lugar de visibilidade. Nese entorno a cousa funcionou entre nós e decidimos continuar", conta Andrea dos inicios de Grovemakers. A asociación, que se nutre das cuotas semestrais dos socios, procura non só divulgar a arte local, senón que tamén pretenden axudarse na profesionalización do seu oficio. "E moi duro estar só e ás veces botas en falta que alguén che bote unha man", expresa Menéndez. Os Grovemakers consideran que outro dos seus puntos fortes é dar apoio e axudar a outros creadores "a non cometer os mesmos errores que nós cometimos na profesión". A asociación conforma o punto de apoio e retroalimentación entre os profesinais destas artes.

Marca 'Selebrities'/ D.P
Marca Selebrities D.P

 

ECONOMÍA CIRCULAR. "Grovemakers nace pola dinamización da economía circular da zona de O Grove", expresa a fundadora da proposta. A iniciativa artística procura ser sostible en todo o que fai e, para iso, a retroalimentación entre as marcas é decisiva para acadar este obxectivo. "Aínda non conseguimos ser 0 waste, pero procuramos que dende o embalaxe ata as cousas que facemos sexan sostibles e non engadan plásticos".

Marca 'Carracuca'/ D.P
Marca 'Carracuca'/ D.P

FACERSE MEMBRO. "Todos os nacidos no Grove ou afincados aquí poden ser Grovemaker", explica Andrea. Aínda que o requisito principal é o localismo, existen outros puntos obrigatorios para formar parte do colectivo artístico. É fundamental que o candidato ou candidata "teña unha dose de creatividade, artesanía e deseño no seu traballo e ter a intención de profesionalizar o teu oficio", indica.

A Fondo: Torremakers
"Ten que ver cos Grovemakers, pero non", conta Andrea. Torremakers é unha ramificación onde creadores e artistas dan visibiliade, a partir da súa arte, á Casa da Torre (O Grove). "A casa é privada polo que non podemos facer máis que protexer o patrimonio histórico e cultural visibilizandoa a partir da nosa arte", expresa a asociada. Esta rama de creadores pódense atopar en redes sociais como o seu Instagram e o que pretenden é que a xente "interpele á emoción e non ao esquecemento" dun lugar onde personaxes históricos, como Eugenio Escudero, formaron parte do patrimonio da torre. O colectivo procura reivindicar o valor do monumento sin acudir "á violencia" e mediante o que crean, sempre tendo como protagonista á torre.