A praia da Lanzada foi escenario onte da arte do alumnado de varios institutos da provincia que participaron no concurso de esculturas de area que organiza o IES Monte da Vila do Grove. O departamento de Educación Plástica do centro promoveu a dezasete edición dun certame que nesta ocasión xirou arredor da figura e a arte de Picasso.

Centos de rapaces e rapazas do IES Xunqueira II e IES Torrente Ballester de Pontevedra, IES de Meaño, IES Pedras Rubias de Salcedo o IES Chano de Forcarei, IES Álvaro Cunqueiro e o IES Xallas, de Santa Comba participaron na décimo sétima edición da actividade cos seus capachos, pás e rastriños.
A actividade tiña por obxectivo mergullarse nos cadros de Picasso pero tamén compartir unha mañá entre compañeiros e fomentar habilidades como a creatividade, a imaxinación, e as artes plásticas. 'Cabeza de touro', 'Muller e pulpo' e ata algún que outro autorretrato foron medrando na area da man do alumnado do instituto.
A actividade tamén se enmarca nos actos promovidos nos distintos centros escolares para fomentar a integración de todo o alumnado e para previr as situacións de acoso.