O municipio fletará autobuses para acudir á manifestación de Vilagarcía

As plazas para acudir no autobús poderán solicitarse nas oficinas da OMIX, situadas no segundo andar do Concello
Xuntanza do luns para preparar e coordinar a asistencia á manifestación. CEDIDA
photo_camera Xuntanza do luns para preparar e coordinar a asistencia á manifestación. CEDIDA

O Grove contará con unha plataforma local para a defensa da sanidade pública. Así o acordaron representantes dos grupos políticos, xunto con representantes dos sindicatos e da plataforma “concilia ou rebenta”, nunha xuntanza realizada no Concello do Grove o pasado domingo 25 de setembro.

Despois dunha primeira toma de contacto, o luns realizaron unha nova xuntanza, neste caso para preparar e coordinar xa a asistencia á manifestación do vindeiro 14 de outubro en defensa da sanidade pública en Vilagarcía.

Trala aprobación no pasado pleno, o Concello do Grove porá a disposición de todos aqueles veciños que queiran acudir a defender a sanidade pública a Vilagarcía de transporte gratuíto

As plazas para acudir no autobús poderán solicitarse de forma presencial nas Oficina de Información Xuvenil (OMIX), situadas no segundo andar do Concello, no teléfono 886 214 933 ou no correo [email protected]

Segundo apuntan dende a plataforma, “O Grove ten uns problemas específicos que outros Concellos do Salnés non teñen, posto que levamos meses sen médicos de atención primaria, e case un ano sen pediatra”.

O alcalde, Jose Antonio Cacabelos, tralas reunións realizadas incidiu en que “a maior parte dos presentes nas reunións coincidimos en que o Concello do Grove debe ter unha voz propia, para poder reclamar en defensa da nosa veciñanza, unha boa cobertura da sanidade pública”.

“Tanto dende a plataforma, como dende o propio Concello, facemos un chamamento a todos os veciños e veciñas para que acudan a inscribirse á OMIX. A concentración do vindeiro 14 de outubro ten que ser histórica” engadeu o rexedor.