Lara Lois e Daniel García fanse coa VI Marcha Ciclista do Marisco do Grove

A cita serviu para render homenaxe ao ciclista pontevedrés Alejandro Marque, que foi o encargado de cortar a cinta xunto co presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz
Saída da marcha. DS
photo_camera Saída da marcha. DS

Lara Lois García, do Club Ciclista O Grove, e Daniel García Castaño, do CDM Xesteiras, proclamáronse este domingo gañadores da VI Marcha Ciclista do Marisco. A proba, que reuniu a 190 ciclistas, dá inicio ás actividades da LIX Festa do Marisco

A cita serviu para render homenaxe ao ciclista pontevedrés Alejandro Marque, que foi o encargado de cortar a cinta xunto co presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz.

IMG_5714-1
Alejandro Marque foi o encargado de cortar a cinta. DS

Na categoría masculina o segundo clasificado foi Martín Rey Vázquez e o terceiro Saúl Torres Fernández do Norinver. Na modalidade feminina o segundo posto foi para Silvia García Iglesias de Bici Verde e o terceiro para Mara Garrido do CD Ría de Arousa.

Os participantes percorreron 104 quilómetros, con dous tramos cronometrados, o da subida ao Monte Castrove e un tramo chairo a partir de Portonovo ata o alto do Siradella, onde rematou a proba. Ao finalizar, puideron degustar un menú composto por empanada, mexillóns e arroz de marisco.