O grovense Alberto Javier Porto Vila recibiu unha mención especial no concurso Ernesto Goday

Jorge Garrido Hernández gañou o concurso de pintura Ernesto Goday coa obra 'Ausencia'
 
Fragmento da obra gañadora, 'Ausencia', de Jorge Garrido Hernández. DS
photo_camera Fragmento da obra gañadora, 'Ausencia', de Jorge Garrido Hernández. DS

Jorge Garrido Hernández, residente en Pontevedra, vén de gañar a X Edición do Concurso de Pintura Ernesto Goday, certame no que tamén se alzou co título de finalista o grovense Alberto Javier Porto Vila.

O Concello do Grove, co patrocinio da Deputación de Pontevedra, convocou a décima edición do concurso en memoria do insigne pintor local Ernesto Goday, dotado con 3000,00 €. O xurado do premio estivo composto por Rosa Villaronga Goday, Sebastián Anxo Rozas Álvarez e Amelia Vázquez-Palacios Santos que mantiveron unha reunión na tarde do 22 de decembro para ditaminar esta X edición do Concurso.

Despois de deliberar o Xurado acordou declarar como gañadora da presente edición a obra presentada baixo o título Ausencia, de Jorge Garrido Hernández. Ademais, na súa resolución, o Xurado considerou que, pola súa calidade, merece unha mención especial a obra finalista: Fragmentosde Alberto Javier Porto Vila.

As obras seleccionadas forman parte dunha exposición que pode ser visitada na Casa da cultura “Manuel Lueiro Rey” desde esta semana ata finais do mes de xaneiro. Así mesmo, estase a editar o catálogo desta edición.