O Hotel Louxo ou a Asociación BDRI, entre os galardoados coa Centola de Ouro da Festa do Marisco do Grove

Os premios, que tamén recaeron sobre o mestre Miguel Besada e o empresario Alfredo Fernández, entregaranse o vindeiro 7 de outubro no Auditorio
Festa do Marisco nunha edición anterior. DP
photo_camera Festa do Marisco nunha edición anterior. DP

 O Hotel Louxo, a Asociación BDRI, que estuda os mamíferos mariños no municipio, así como o mestre Miguel Besada e o empresario Alfredo Fernández son as persoas e entidades galardoadas coa Centola de Ouro da Festa do Marisco do Grove 2022.

Así o anunciou recentemente o alcalde, José Cacabelos, tras o acordo do Consello Local de Turismo, que emite os premios baseándose no aporte á economía, turismo e cultura local. No caso do Hotel Louxo, trátase dun establecemento de renome no municipio, mentres que BDRI está a desenvolver unha "importante labor" no ámbito das súas investigacións. Besada destaca por ter contribuido de xeito significativo na cultura e no ensino local, mentres que Fernández é unha destacable figura a nivel empresarial como impulsor, entre outras, da planta de rodaballo Insuíña ou do Acuario do Grove, ademais de ser unha figura pioneira na economía local ligada ao mundo do mar.

Os premios entregaranse o vindeiro venres, 7 de outubro, a partir das 20.00 horas no Auditorio do Grove.