O Grove será a sede do Congreso Europeo de Estudos de Mamíferos Mariños no 2023

Os alcaldes do Salnés realizaron onte unha visita ao recinto da Festa do Marisco

Os alcaldes da Mancomunidade do Salnés na Festa do Marisco
photo_camera Os alcaldes da Mancomunidade do Salnés na Festa do Marisco. DS

O alcalde, José Antonio Cacabelos, anunciou que no ano 2023 o Auditorio do Grove será a sede do Congreso Europeo de Estudos de Mamíferos Mariños. O rexedor adiantou esta nova na inauguración do Foro Acui, que se celebrou na citada instalación municipal.

Segundo apuntou o rexedor, “esta nova ten un gran significado para a nosa vila, posto que se falamos do Grove, falamos de mar. Aumentamos así a nosa proposta e extendemos a fronteira no ámbido dos estudos mariños coa celebración deste evento do mundo da bioloxía“ apuntou o dirixente.

Visita dos alcaldes da Mancomunidade do Salnés

Este xoves Jose Antonio Cacabelos recibiu no Concello do Grove aos alcaldes e representantes dos Concellos da Comarca do Salnés para realizar unha visita ao recinto da Festa do Marisco. Neste paseo intercambiaron opinións e valoraron a importancia da Festa a nivel da zona, da mancomunidade e incluso a nivel de toda a provincia de Pontevedra.