O Grove presenta unha variada programación polo Día das Letras Galegas

Pequenos e maiores poderán gozar, do 10 ao 26 de maio, de contacontos, actividades, feiras do libro e moitas sorpresas
 O obxectivo é ofrecer á cidadanía un amplo abanico de actividades coas que festexar e conmemorar o día das letras galegas. DS
photo_camera O obxectivo é ofrecer á cidadanía un amplo abanico de actividades coas que festexar e conmemorar o día das letras galegas. DS

O concello de Grove conmemorará o Día das Letras Galegas cunha variada programación de actividades que se desenvolverán desde o 10 ata o 26 de maio e que inclúe, contacontos, actividade, feira do libro e actuacións de danza e música, entre outras propostas. O obxectivo “é ofrecer á cidadanía un amplo abanico de actividades coas que festexar e conmemorar o día das letras galegas e, de paso, fomentar o hábito da lectura en galego con actividades e propostas para todas as idades”. 

Exposición bibliográfica

Desde o 10 de maio  na Biblioteca do Grove, poderase disfrutar da Mesa temática das Letras que recollerá as obras das autores e autoras premiados.

Contacontos, actividades e maxia en galego

Para os máis pequenos da casa a programación das Letras Galegas inclúe contacontos, actividades e maxia en galego co patrocinio do programa Ler Conta Moito da Xunta de Galicia.
O mércores 10 de maio ofrecerase na Biblioteca do Grove o contacontos Conta e Canta a cargo de Blanca Millán para o alumnado do CEIP Rosalía de Castro.
O venres 12 de maio o persoal bibliotecario trasladarase á biblioteca do CEIP Valle-Inclán para realizar unha divertida sesión de animación á lectura co alumnado de 1º curso de Educación Primaria.
Tamén o venres 12 de maio, ás 18.00 h, terá lugar tamén na Biblioteca Municipal do Grove Un día para as Letras: homenaxe a Francisco Fernández del Riego a cargo de Polo correo do Vento. Unha divertida actividade de contos, ilustración e música dirixida á rapazada a partir de 4 anos e público familiar.
O martes 16 de maio a actividade trasladarase á Axencia de Lectura de San Vicente onde o alumnado do CEIP As Bizocas asistirá a unha divertida sesión de maxia en galego: Hocus Pocus a cargo do Mago Paco.
O xoves 18 de maio, tamén na Axencia de Lectura de San Vicente, desenvolverase o espectáculo teatral Chocolate a cargo de Teatro Calavera.
O venres 26 de maio os participantes no Taller de Lectura Infantil da Biblioteca Municipal do Grove terán un encontro con Carlos Taboada, autor da obra A Biblioteca de Pedrarcana.

Lázaro. Iniciación ao teatro para escolares

O xoves 11 de maio representarase no Auditorio do Grove Lázaro a cargo de Pedras de Cartón e dirixida ao alumnado de Educación Primaria dos centros educativos do Grove. Esta obra aborda o clásico picaresco pero contado e representado, por primeira vez, sen palabras. A compañía conta para esta tarefa con profesionais cunha ampla traxectoria no teatro infantil e xuvenil, da man de Juan Rodríguez, socio fundador de Caramuxo Teatro.

Cómicas, habelas hainas!

O venres 12 de maio ás 20.30 h ofrecerase no Auditorio do Grove o espectáculo Cómicas, habelas hainas!. Unha proposta da Deputación de Pontevedra coordinada pola actriz xornalista e cómica viguesa Jazmín Abuín. 

Letras Galegas

As actividades da mañá do mércores 17 de maio desenvolveranse na Rúa da Capela de San Antonio desde as 10.30 horas coa apertura da Feira do Libro Galego, a cargo de Espazo Lector Nobel O Grove.
Ás 11.00 h, a compañía meca Xarope Tulú achegará aos máis pequenos o espectáculo de contacontos Roupa tendida.
Para rematar a xornada de mañá, a partir das 12.00 h ofrecerase un Encontro de Pandereiteiras coa participación das agrupacións locais.
O mesmo día 17, a partir das 18.00 h na Praza do Corgo, desenvolverase a XI Festa das Letras Galegas organizada pola Asociación cultural Cantodorxo.
Para completar este gran día de celebración, ás 20.30 h no Auditorio do Grove proxectarase a película As Bestas. As entradas poderanse adquirir online ou o mesmo día no Auditorio unha hora antes do comezo.

Concerto das Letras

O sábado 20 de maio a partir das 19.00 h a Coral Polifónica da Confraría de Pescadores San Martiño do Grove ofrecerá no Auditorio do Grove o seu tradicional Concerto das Letras Galegas.