O Grove celebra a XIV edición das xornadas gastronómicas A Cociña do Mar

O evento está oganizado pola asociación Emgrobes en colaboración coa Xunta de Galicia
O Grove A Cociña do Mar
photo_camera O representante autonómico, xunto ao alcalde, probando os produtos locais. D.S.

O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta, participou no Grove na XIV edición das xornadas gastronómicas A Cociña do Mar, organizadas pola asociación Empresarios Grovenses de Bens e Servicios (Emgrobes), en colaboración coa Xunta de Galicia. Alí, o representante autonómico quixo agradecer un ano máis o labor que leva a cabo a asociación local como divulgadora dos beneficios nutricionais dos produtos do mar e as súas potencialidades culinarias.


Nesta edición do evento, enmarcado na Festa do Marisco da vila mariñeira, os protagonistas foron a boga, o congro e as navallas. Neste sentido, a iniciativa pon en valor as súas propiedades nutritivas, a repercusión que ten consumir este tipo de produtos para a economía local e o traballo do sector extractivo galego. Así mesmo, varios profesionais da hostalería do Grove demostraron a versatilidade destes produtos a través de diferentes receitas que o público puido degustar esta tarde na praza do Corgo.