A Festa do Marisco bate todos os récords ao superar os 160.000 tíckets vendidos

O polbo á feira foi o produto estrela do que se despacharon 10.310 racións 
Ambiente na Festa do Marisco do Grove. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Ambiente na Festa do Marisco do Grove. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

A Festa do Marisco chega ao seu fin batendo todos os rexistros de vendas de tickets nos seus stands. En total foron 160.751 os tickets de todo tipo de productos vendidos durante toda a Festa nos stand de venda, predominando o polbo á feira con 10.310 racións e o arroz de marisco con 10.157 racións vendidas ao longo de toda cita grastronómica.

Arroz de marisco en la Festa do Marisco de O Grove. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
Arroz de marisco na Festa do Marisco de O Grove. JOSÉ LUIZ OUBIÑA


O alcalde do Grove, José Antonio Cacabelos, declarou «sentirse moi orgulloso de que todo saíse á perfección, despois de dous anos de pandemia, posto que abordamos a organización con certa incertidume polo que puidera pasar, pero despois dos datos de asistencia e de venda nas caixas podemos dicir que foi un rotundo éxito», dixo.


«Ao longo desta edición pasaron polo Grove milleiros de visitantes chegados de Galicia, Portugal, España e mesmo de moitos puntos de Centro-Europa, dinamizando a economía local, da comarca do Salnés e mesmo da provincia» engadiu o rexedor. Cacabelos fixo referencia tamén «á variedade de actividades programadas durante todo a Festa». 

«A Festa do Marisco desde 2022 será unha edición para o recordo polo seu número de vendas, pero eu quero lembrarme de toda esa xente que traballa para que a Festa saia adiante durante os 365 días do ano e, por suposto, de todos, cociñeiros e cociñeiras, vendedores, operarios, etc. Toda esa xente que aporta o seu grao de area para que o evento saia da mellor forma posible», rematou o rexedor.