A asociación Emgrobes entra na recta final da campaña 'Come, Merca, Ama O Grove'

Este xoves culmina o evento cunha actividade de animación e musical na rúa Castelao
Emgrobes premio Essenzial Home
photo_camera Os premios directos están valorados en 1.200 euros. DP

A asociación de empresarios Emgrobes está na recta final da súa campaña 'Come, Merca, Ama O Grove', que quere incentivar o consumo na localidade en todos os ámbitos empresariais e premiar aos clientes das empresas asociadas a Emgrobes. A campaña que empezou o 15 de xuño culmina mañá cunha actividade musical de fin de campaña na rúa Castelao. A actividade de animación será levada a cabo pola empresa Discotecas Móviles Master, que traerá un dj e animador musical para a tarde do xoves, das 19.00 horas ata as 21.00, ca finalidade de que en nesta rúa comercial os clientes se acerquen a facer as súas compras e que poidan disfrutar dunha divertida e animada sesión musical para nenos e maiores. Preténdese facer desta maneira un fin de campaña que está sendo unha vez máis exitosa, xa que a falta de dous días se repartiron máis de 16.000 boletos entre os diferentes establecementos e xa tocaron 16 dos 18 premios a sortear. Pero a asociación sigue animando aos consumidores a pedir os seus boletos ata o remate da campaña.

O evento consiste en entregar boletos alfanuméricos aos clientes do Cca para que os introduzcan na web www.ccadetendas.com e que os que resulten agraciados poidan disfrutar de premios directos  valorados en 1.200 euros en total. Estes premios están repartidos en vales que se poderán consumir en establecementos comerciais e hostaleiros socios de Emgrobes.