Emgrobes valora como "moi positiva" a campaña de bonos 'Mercanogrove'

Aseguran que esta segunda edición "foi todo un éxito", chegando a esgotarse case unha semana antes da data líminte de compra
MercanoGrove. DS
photo_camera MercanoGrove. DS

O Concello de O Grove levou a cabo neste último trimestre do ano a segunda edición da campaña de bonos Mercanogrove, na que a inversión do Concello foi de 20.000 , transformándose en 60.000 euros a inyección económica que recae no empresariado local. O convenio de colaboración entre a asociación e o ente local volveu a ser un éxito, e incluso maior que a primeira edición na que sobraran algún packs de bonos. Esta vez a campaña comezou no mes de setembro e os bonos podían mercarse ata o día de onte, pero xa varios días antes estaban esgotados. 

A campaña consiste en mercar bonos a través dunha páxina web por 20 euros que coa aportación do Concello se convirten en 30 euros para canxear nos establecementos adheridos. Este ano a convocatoria tamén estaba aberta á hostalería pero finalmente non se adheriu ningún establecemento xa que entre a Festa do Marisco, a centola e o peche de moitos por descanso non chegou a cuadrar neste sector. Sen embargo, no comercio e servicio local foi un éxito rotundo. Con 64 establecementos participantes, o reparto dos bonos entre eles foi dispar, pero a maioría recibiron parte desta inversión, conseguindo un doble obxectivo: o aforro dos consumidores e o incentivo da economía local.

A sensación dos establecementos participantes tamén é moi positiva xa que moitos deles comentaron que no mes de novembro os bonos Mercanogrove e os activa comercio da Xunta déronlle vida.