Emgrobes manifesta o seu descontento coa xestión turística do Concello

A asociación de empresarios reclama a falta de información en canto a convocatoria para a nova ordenanza das terrazas
Foto para ilustrar trabajadores de la hosteleria y terraza. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Foto que ilustra el ambiente de una terraza. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

A asociación de empresarios Emgrobes, tras enterarse pola prensa dunha convocatoria por parte do Concello para o sector turístico e que a administración local ten pensado modificar a ordenanza relativa ás terrazas, mostrou a súa sorpresa xa que non foi informada de nada nin convocada para a reunión.

Como entidade que representa ós empresarios locais, incluídos os do sector turístico, a asociación considera que teñen moito de opinar e que deberíase contar con Emgrobes para tratar temas tan importantes como as cuestions que afectan a todo o relativo ó turismo, como neste caso as terrazas ou horarios. E cando menos, "ter información do que se pretende, pero non saber sequera as intencións e nin ser convocados para ser informados non parece de recibo". 

A xestión turística do Concello "está sendo desastrosa en moitas cuestión importantes", sinalan, xa que a estas alturas "non se sabe nada da organización da Festa do Marisco, ou temas como acción de promoción do turismo fora de tempada e otras cuestións xa mencionadas como a regulación das autocaravanas". Todos os temas relaccionados co turismo "están estancados", aseguran, "proba delo é que o Consello sectorial non funciona, ou que a inexistencia dun xestor ou técnico de turismo impide unha programación organizada de todo o relacionado co sector. Ademáis esto vese agravado porque Turismo está en mans do alcalde, que na maioría dos casos vese desbordado debido ó exceso de asuntos que ten que tratar".