Emgrobes inicia a campaña 'Come, Merca, Ama O Grove' con importantes premios

Esta promoción pretende incentivar o consumo nos establecementos asociados adheridos con 1.200 euros en vales
Presentación da campaña 'Come, Merca, Ama O Grove' de Emgrobes
photo_camera Presentación da campaña 'Come, Merca, Ama O Grove'. DS

A Asociación de Empresarios Grovenses de Bens e Servizos (Emgrobes) desenvolverá do 19 ao 30 de xuño, ambos inclusive, a campaña Come, Merca, Ama O Grove. Este evento pretende transmitir aos consumidores un atractivo promocional que incentive o consumo nos establecementos asociados adheridos, ofrecendo a posibilidade de acadar importantes premios.

Esta promoción terá o seu ámbito nos establecementos comerciais, hostaleiros e demáis empresas integradas en Emgrobes e Centro Comercial Aberto de Tendas, que decidan voluntariamente participar na mesma (sempre e cando os mesmos atópense abertos ao público e en normal funcionamento durante o período indicado). Un establecemento que non participe na campaña non poderá entregar os códigos da promoción nin canxear os vales nin premios. As bases estarán  dispoñibles na páxina web www.ccadetendas.com

Premios

Sortearáse de maneira directa entre os clientes dos establecementos participantes na campaña que introduzan o seu código na web www.ccadetendas.com 1.200 euros en premios  (distribuídos en: 2 premios de 100 euros para consumir en restaurantes e taperías socias; 4 premios de 50 euros para gastar en restaurantes e taperias socios; dúas estancias de 100 euros para consumir en hoteis e apartamentos socios; premios en vales de compra que serán 3 de 100 euros e 6 de 50 euros, que despois poderán canxealos nos establecementos integrantes no CCA de Tendas que participaran na campaña.

Entre todos os boletos rexistrados na web www.ccadetendas.com durante o prazo de duración da campaña, sortearanse vales compra e vales de consumo en calquera dos establecementos participantes, esto significa que ó rexistrar o código introducido, lles solicitarán uns datos e lles indicarán se o código resulta premiado ou non, o establecemento que no seu caso da o premio e tamén que poderán ir a recollelo nun prazo de 5 días máximo para facer uso do mesmo ata o 31 de xullo.

A persoa que reciba un premio, quedara excluida dos sorteos dos premios siguientes.