Emgrobes entrega os premios da campaña de Nadal

O comercio do municipio meco repartiu 2.900 euros en premios para canxear nos establecementos asociados
Reparto dos premios da campaña de Nadal de Emgrobes. DS
photo_camera Reparto dos premios da campaña de Nadal de Emgrobes. DS

Emgrobes e o CcA de tendas levaron a cabo o sorteo dos premios dos vales de compra da campaña de nadal. A participación este ano "foi extraordinaria", explican dende a organización, xa que se repartiron máis de 16.000 boletos entre todos os establecementos participantes, e numerosos clientes cubriron estes boletos e participaron no sorteo, pero tan só 15 persoas foron as afortunadas cos 1.800 euros en vales.

Os premiados
Merce Domínguez fíxose cos 300 euros por mercar no Quiosco Isaías; Luis Iglesias percibiu 200 euros por mercar en García Padín, ao igual que Lorenzo Prol por facelo na Pastelería Payca. A estes premios maiores súmanse outras 11 persoas que percibiron 100 euros cada unha

Por outra banda, o premio gordo do sorteo, cun montante de 1.100 euros, quedou no municipio meco xa que o seu beneficiario foi Antonio Lois Domínguez, que mercou en Efectos Navales e Deportes O Mar. Sumado a isto, a asociación Emgrobes fixo un sorteo das cartas a Papá Noel no que repartiron 15 lotes de material escolar entre os nenos e nenas do Grove.