Emgrobes animará ás compras do Día da Nai con música, diversión e agasallos

A Asociación de Comerciantes e empresarios está en plena campaña do Día da Nai e quere complementar o reparto de premios directos a través de rañas con actividades de animación nas rúas

As asociacións propoñen actividades lúdicas para todas as idades.DS
photo_camera As asociacións propoñen actividades lúdicas para todas as idades.DS

Unha vez máis, Emgrobes e o CCa de tendas, buscan complementar a campaña do día da nai que comezou o pasado día 22 co reparto de numerosos rañas entre os clientes que fixeran as súas compras nos establecementos socios e participantes na campaña. Con este obxectivo, ambas organizacións levarán a cabo dúas actividades de animación para pequenos e maiores durante a vindeira fin de semana.

O sábado 6, na sesión vermut o grupo local Os Firrás actuará nos establecementos socios da rúa Platería cos seus cantos de taberna. Por outra banda, o domingo 7 pola tarde a animación correrá a cargo do DJ Master discoteca móvil na Aldea Comercial da Toxa, ademais de agasallar cunha flor ás nais que acompañen ós rapaces a esta activdaide e se acerquen ó noso fotocall. Con estas actividades se pretende incentivar o consumo durante esta data tan sinalada, entreter e animar as rúas comerciais e facer un fin de festa da campaña do día da nai, que está sendo un ano máis moi exitosa, segundo aseguran ambas asociacións.

Nesta ocasión Emgrobes continúa repartindo premios e descontos valorados en 1.200 € e distribuídos vales de 10, 20, 30 e 50 € que xa están empezando a ser reinvertidos no tecido económico local xa que ó ser premios directos cando sale un raña premiado poden utilizado xa nas súas compras ou consumos. Ademáis se repartiron máis de 800 agasallos entre os clientes do CCa que fixeron unha compra ou consumiron nos locais participantes na campaña da asociación.