Dorian fai vibrar ao seu público na praza do Corgo durante a Festa do Marisco

A de onte foi a primeira das grandes actuación dos Concertos do Marisco, iniciando así a primeira fin de semana da festa
Concierto de Dorian en la Festa do Marisco de O Grove. DS
photo_camera Concerto de Dorian na Festa do Marisco do Grove. DS

Dorian, un dos pratos fortes da LIX Festa do Marisco, subiuse onte ao escenario dos Concertos do Marisco, ante un público entregado, e non defraudou.

A banda barcelonesa protagonizou o primeiro dos concertos de maior calado da festa, pola que pasarán Tanxugueiras, Xoel López, Budiño, Maika Makovski ou Lila Downs, que forma parte dos concertos do Xacobeo.

Ao remate colleu o relevo a música electrónica de Rapariga Dj, dando por rematados os actos do día.  Durante a tarde-noite o grupo de Gaitas Cantodorxo encargouse de amenizar o recinto da festa.

Antes dos concertos tivo lugar o acto de inauguración da exposición Matriarcas na Carpa institucional. Trátase dunha exposición de fotografía itinerante, unha homenaxe á vida das mulleres que adicaron toda a súa vida ao mar.

Ao acto acudiu o alcalde José Antonio Cacabelos, acompañado por varios concelleiros, quen destacou a idoneidade da exposición nun sitio como O Grove, “pois moitas das mulleres da nosa vila adican, e adicaron, toda a súa vida ao mar”.

O rexedor destacou que “xa van chegando visitantes de moitos puntos de Galicia e do resto de España para gozar deste primeiro fin de semana da Festa do Marisco, no que as actuacións principais de Dorian, Xoel López e Budiño complementarán a ampla oferta gastronómica ofrecida baixo as Carpas de Degustación”.

O venres xa se comezou a notar a chegada da fin de semana, cun notable incremento de visitantes nos stands de venda de marisco, agardando que durante o sábado e o domingo a afluencia de público sexa aínda máis grande.

A Festa reparte 3258 tickets ata o momento

Xunto coa música e o baile, na Festa do Marisco non pode faltar o seu ingrediente principal. No que vai de celebración, repartíronse un total de 3258 tickets, entre os que se inclúen todas as vendas das cales destacaron 319 de polbo, 159 de zamburiñas, 156 de navallas e 152 de arroz de marisco.

En canto á procedencia dos visitantes que se achegaron durante as primeiras xornadas da Festa, Galicia lidera o ránking, con Pontevedra como provincia destacada. A la comunidad gallega le siguen Madrid, en segundo lugar, y Asturias, completando el podio.