A comparsa Jana de Leria álzase co Festival de Comparsas do Grove 2024

O auditorio encheuse ata a bandeira para acoller a gran cita e do Entroido meco. As entradas vendéronse en menos dunha hora. Os grupos Leña Verde e As + Plus quedaron en segundo e terceiro lugar

Comparsas en el auditorio de O Grove. TODOGROVE
photo_camera Comparsas en el auditorio de O Grove. TODOGROVE

Cor e música, retranca e humor. O Festival de Comparsas do Grove levou ao auditorio a gran festa do Entroido do Grove. 

Ata nove grupos participaron nesta cita que volveu arrasar no municipio. E é que as entradas vendéronse en menos dunha hora.

Comparsas en el auditorio de O Grove. TODOGROVE
Comparsas en el auditorio de O Grove. TODOGROVE

A ironía foi unha das protagonistas da noite. As comparsas fixeron gala do seu bo humor e tiraron de retranca. Non deixaron títere con cabeza. As eleccións autonómicas ou a política nacional como a amnistía protagonizaron algunhas das letras das comparsas. Retranca, moitos risos e non faltou a festa, o baile e a música.

Comparsas en el auditorio de O Grove. TODOGROVE
Comparsas en el auditorio de O Grove. TODOGROVE

Ao final a comparsa Jana de Leira alzouse co Festival de Comparsas do Grove ao acadar un ano máis (e xa van tres) o título de Campiona do Mundo do Entroido Meco. As medallas de prata e bronce foron para Leña Verde e As+Plus. A continuación quedaron Os Arrombados, Os Barallocas, A Tropa de Moncha a Caralla, Os Discípulos de Don Juan de la Meca e finalmente, quedaron en oitavo lugar, empatados a puntos A Resistensi e Os de Sempre."

Comparsas en el auditorio de O Grove. TODOGROVE
Comparsas en el auditorio de O Grove. TODOGROVE

"Foi un éxito e  o principio do Entroido no Grove"

De éxito califica o Concello esta primeira cita co Entroido do Grove. Así valorou o concelleiro de Festexos Santiago Meis, o primeiro festival con el á fronte da Concellería.

"Estivo moi ben, saiu todo xenial. As actuacións das comparsas estiveron moi ben, a resposta do público... Logo, todo o mundo ten a súa valoración e o seu criterio á hora da puntuación, pero o certo é que había especialistas na materia", manifestou Santiago Meis. "Xa sabemos como son as comparsas do Grove xa sabes que te metes en política che vai vir isto enriba, moito humor, moita retranca, pero cando se fai desde o humor e sen insultos, está perfecto", dixo sobre a sátira política da festa.

O edil lembrou ademais que o Festival de Comparsas é só "o principio da festa". O vindeiro martes será a quenda do desfile de disfraces polas rúas do municipio, algo que polo de agora mantense no aire, á espera de que o tempo acompañe. "Agardaremos un pouco ata tomar a decisión", engadiu. Este domingo podería confirmarse se finalmente O Grove terá desfile na xornada do martes.