Carolina Rubirosa, Premio do público a Mellor Videoclip no Festival de Cans

A peza da grovense estrearase o venres 2 de xuño en todas as plataformas
Fotograma do videoclip con Sabela Rodriguez como protagonista. DS
photo_camera Fotograma do videoclip con Sabela Rodriguez como protagonista. DS

A compositora, produtora e cantante grovense Carolina Rubirosa ven de gañar o Premio do público a Mellor Videoclip no Festival de Cine de Cans, que este ano celebra o seu XX Aniversario, co seu último sinxelo "Contra la pared".

A peza é un vídeoclip narrativo ambientado na Coruña dos anos 80, coidado ao detalle en vestiario, ambientación, maquillaxe e atrezzo, resultando unha auténtica viaxe no tempo a unha época de cambios sociais e efervescencia cultural. Protagonizado por Sabela Rodríguez, o álter ego de Rubirosa na súa infancia, da vida a unha nena que se ve reflexada na artista punteira da época, que ben podería ser unha Cindy Lauper, Joan Jett ou Madonna, ou Aerolíneas Federales, Ana Curra ou Silvia Superstar na nosa terra. O videoclip é unha homenaxe ás referentes feminas da infancia, as que prendían os soños e espertaban os desexos de querer ser coma elas, sendo o caso da propia Rubirosa.

Dirixido por Xaime Miranda que comandou un equipo de máis de vinte persoas, a peza conta tamén coa presenza dos actores Machi Salgado e Tamara Meijide. FIlmado na súa meirande parte en diferentes zonas de A Coruña, no clip aparecen tamén esceas do rural, que foron filmadas na parroquia de Poboeiros, Castro Caldelas (Ourense).

O videoclip, que se estreará en todas as plataformas o venres 2 de xuño, foi beneficiario das Axudas á creación artística para artistas individuais empadroados na Coruña, e conta co apoio da Diputación de Ourense.